Camiño de Santiago
Tramo histórico do Camiño Norte:
O Camiño Antigo e Orixinal
O denominado Camiño Norte, antigo camiño Norte, percorre as terras de Trabada, sendo un dos camiños máis antigos e a opción elixida por aqueles peregrinos que non podían pagar o paso da ría en barca de Asturias a Galicia (Ribadeo).
A etapa Vegadeo-Trabada-Mondoñedo, é a opción máis recomendable para aquelas persoas que busquen tranquilidade.
O Antigo Camiño do Norte, sen dúbida, é un dos máis fermosos, nunha contorna natural de pistas forestais e montes onde a natureza é o maior aliado e compañeiro de viaxe do peregrino. Viaxar, coñecer, descubrir, compartir… sentir; son sensacións e sentimentos que esta etapa do camiño sen dúbida aporta, rodeados da súa amable xente e paisaxes idílicos.
Etapa 1: Desde Tol (Castropol) a Vegadeo / A Veiga
O Camiño que dende Tol (Castropol) se dirixe hacia Lantoira e A Veiga/Vegadeo é considerado o camiño oficial e trátase da ruta máis antiga de peregrinos e viaxeiros para pasar de Asturias a Galicia. Principalmente porque antigamente era a única opción de facer o Camiño a pé, xa que para chegar a Ribadeo era preciso cruzar a ría en barca.
Etapa 2: De Vegadeo / A Veiga a Trabada
Os peregrinos que entran a Galicia a través da ruta máis antiga, que veñen de Asturias polo Camiño do Norte, fano por Trabada, despois de cruzar o Río Eo na parroquia de Ría de Abres pola ponte do Fornacho. Dende a Ría de Abres, os peregrinos camiñarán hacia Sante, e dende alí ata Trabada, os peregrinos camiñarán por sendeiros de terra podendo disfrutar dunha espectacular paisaxe de ribeira.
Etapa 3: De Trabada a Mondoñedo
Os peregrinos que saen de Trabada siguen por Muín Queimado o camiño que vai hacia o oeste polo val do Rego de Trabada. Na Trapa desviaranse para subir a montaña ata chegar ao Alto da Cadeira, e dende alí baixar ata a Fortaleza de Tovar, no Val de Lourenzá, para continuar ata Mondoñedo, antiga capital do Reino de Galicia.