Actividades

//turismo.trabada.es/wp-content/uploads/2018/03/foto-cayak-trabada-turismo.jpg

Déixate levar por unha auténtica experiencia de inmersión na natureza desfrutando das diferentes opcións que ofrece Trabada.

Trabada alberga múltiples posibilidades para aqueles máis aventureiros e activos amantes da natureza, como descensos en canoa polo río Eo, rutas BTT, avistamento de Aves na Zona de Especial Conservación (ZEC), pesca no río Eo e rutas de sendeirismo nos seus marabillosos bosques autóctonos.

//turismo.trabada.es/wp-content/uploads/2018/03/btt-trabada.jpg

Sen masificación de xente nin manipulación da contorna, elementos que potencian o atractivo destas actividades.

//turismo.trabada.es/wp-content/uploads/2020/06/descenso-canoa-trabada-canoas-eo.jpg

Canoas do Eo é unha empresa de turismo activo situada en Trabada, dedicada ó descenso do río Eo.
Se che gusta a aventura, este é o plan perfecto. Podes escoller entre zonas tranquilas e tramos rápidos, será unha experiencia divertida en medio da natureza, e así desfrutar e contemplar a súa flora e fauna con amigos ou en familia.
Dispón de alugueiro de canoas de unha, dúas ou tres prazas, de fácil manexo, equipadas de pala, chaleco salvavidas e bidóne estanco.
No seu punto de información na ría de Abres, podes conseguir información sobre rutas turísticas en Trabada e arredores.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies