O Museo etnográfico de Trabada: o turismo máis cultural

En Trabada agardan por ti o turismo rural, cultural e deportivo máis variado que poidas desexar.

Remataron as festas e as celebracións e chega o momento de buscar máis relax.

Despois de tantos agasallos, comidas, ceas, visitas familiares… chega a hora de desconectar de tanto balbordo e volver ás orixes.

Todos coñecedes a diversidade de actividades que se poden facer en Trabada: rutas de artesanía, actividades deportivas, turismo natural, relax nas nosas áreas recreativas, turismo histórico…pero hai máis.

En Trabada creemos na necesidade da tranquilidade e de coñecer de onde vimos para saber quen somos. Por iso…

O Museo Etnográfico de Trabada

Hai tempo que vos comentamos a inauguración dun dos nosos proxectos máis emocionantes: o Museo Xosé Rocha.

Contar cun veciño tan comprometido coas lembranzas e apeiros tradicionais foi unha vantaxe exclusiva.

A través deste Museo queremos achegar a todo aquel que nos visite, un anaco da historia dos costumes de Galicia. Pero, por enriba de todo, un anaco da historia de Trabada.

Todos aprendemos con el porque moitas veces o que temos máis preto é o que menos coñecemos.

É unha oportunidade única para poder achegar á historia ao nosos nenos dun xeito natural.

A riqueza do Museo etnográfico de Trabada

Entre a diversidade de historias que recolle nos seus obxectos hai algunhas que nos emocionan especialmente.

No noso Museo Etnográfico contamos con moitos máis pero hoxe queremos deternos a falarvos destes concretos:

      • As leiteiras

Museo-etnografico-Xose-Rocha-leiteiras

No noso museo pódese ver a historia destas mulleres. Si, porque era un traballo feminino.

Estas mulleres ían coas cántaras vendendo leite dende as aldeas ao pobos veciños, vilas e cidades. Servíanse de burros e carriños para poder transportar tales cantidades de produto.

Son a representación indubidable da muller galega forte.

O oficio rematou no 1971 cando se prohibiu a venda de leite sen envasar.

A súa historia, utensilios e fotos, pódense ver no noso museo.

      • A escola

Museo-etnografico-Xose-Rocha-escola

É quizais a historia máis emocionante das que se recollen no museo, principalmente para os veciños.

A escola que funcionou ata os anos sesenta do século XX, recolle as historias dos que naquela época foron rapaces e pasaron alí a súa infancia.

No noso museo amósanse os mapas, as lousas murais e persoais ou os pupitres son algúns dos obxectos que se poden ver.

Pero a historia sempre se conforma de persoas e historias que enchen de sentido o relato. Por iso, tamén gardamos espazo para as testemuñas dos veciños que asistiron.

Algúns relatan como os castigos non se asemellan nada aos de hoxe. Relatos que convén lembrar para mergullarnos de cheo no noso pasado e que non sempre temos a posibilidades de coñecer.

      • A lareira

Museo-etnografico-Xose-Rocha-lareira

Se se fala de Galicia, fálase de lareira. Ao carón do lume nárrase a nosa historia e a nosa identidade. No Museo Etnográfico de Trabada non podía faltar espazo para ela.

No noso museo podedes ver como eran. Volver ao pasado a aqueles que o viviron, e ollalo a aqueles que non o viviron.

En todo caso, entender sempre que é parte da nosa idiosincrasia e do noso xeito de relacionarnos.

      • Aparellos de labranza

Museo-etnografico-Xose-Rocha-aparellos

É indubidable que outra gran parte do noso espazo tiña que estar adicado aos aparellos de labranza. Á Galicia minifundista, de agricultura de subsistencia que tanto nos criou.

Para algúns, estes instrumentos son a súa historia. Para as novas xeracións, a constatación de que o mundo cambiou moito en poucos anos. O esforzo físico era a parte central da subsistencia e a moitos seméllanos impensables moitos dos traballos que se pasaban.

No Museo Etnográfico recollemos arados, raños, ou unha gran colección de fouciños agardan por vos para mergullarvos de cheo na Galicia máis tradicional: a máis nosa.

Como vedes, o noso Museo é a oportunidade idónea para completar toda unha visita chea de diversidade de actividades e coñecementos.

Agardámosvos en Trabada! 😀

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies