Patrimonio Natural

https://turismo.trabada.gal//wp-content/uploads/2018/03/vistas-fragas-trabada.jpg

Fragas e bosques autóctonos.

Trabada conta con máis de 350 hectáreas de bosques autóctonos conformados pola Fraga da Becerreira, a Fraga da Vilapena, a Fraga da Cabanela e a Fraga da Belosiña.

Un territorio único, que agarda silencioso que o visitante se achegue e desfrute das nosas múltiples riquezas e experiencias, onde se impregnará do paraíso en estado puro. A riqueza deste pobo, Trabada, pódese ver, escoitar, oír, ulir, tocar e saborear. Un dispendio de sensibilidade para os sentidos.

Afínaos, porque en Trabada a natureza móstrase na súa máxima expresión.

https://turismo.trabada.gal//wp-content/uploads/2018/03/fragas-trabada.jpg

Contamos tamén con numerosas rutas de sendeirismo por  fragas de singular beleza natural.

Os montes, con abundantes frondosas, como os robles, acebos, castiñeiros, carballos, aveleiras e érbedos, cóbrense por un extenso tapiz de líquenes, musgos e hepáticas. Escenario perfecto para que múltiples especies animais como o xabarín, o corzo, a marta, o busardo ratoneiro, o moucho, o martín pescador, a salamandra galega, o sapo partero ou o caracol de Quimper, atopen un hábitat rico e tranquilo no que vivir.

Estas rutas discorren entre vexetación natural e autóctona, principalmente carballos e castiñeiros… Das que máis beleza entrañan tamén polos múltiples anfibios que te podes atopar nas súas fontes e regos naturais.

Vía Verde

Trabada conta cunha vía sobre o antigo trazado do ferrocarril mineiro que transcorre polos Concellos de A Pontenova, Trabada, San Tirso de Abres e Ribadeo. Discorre moi próxima ao río Eo, polo medio de bosques de ribeira e atravesando seis túneles.

Actualmente atópanse habilitados para ser percorridos uns 12km, a metade destes por territorio galego e a outra metade por terras asturianas. Trátase dunha ruta de chan liso, ampla e tranquila apta para facer en familia, ben camiñando ou ben en bicicleta. Nela atravesaremos antigos túneles do ferrocarril, cruzaremos unha ponte colgante, pasaremos por apeadeiros da vía e a antiga cental eléctrica de O Lauredal, na que se poden ver as instalacións que xeraban electricidade.

Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón

A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón é a primeira reserva impulsada de forma conxunta por dúas comunidades autónomas e que afecta a concellos asturianos e galegos, entre os que se atopa Trabada.

Foi declarada o 19 de setembro do 2007 pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) dentro do programa MaB (Home e Biosfera).

Unha visita onde a protagonista é a contorna que te rodea, que sen dúbida te sorprenderá gratamente pola beleza das súas paisaxes.

https://turismo.trabada.gal/wp-content/uploads/2018/03/aves-trabada.jpg

Birding

Asomarte á Ría de Abres permitirache coñecer o último tramo do estuario do río Eo, unha zona predominantemente fluvial pero aínda con certa influencia mariña.

Destaca unha pequena illa, habitada por chopos e carrizos, xusto no medio do estuario. Na zona hai varios puntos de observación de aves e pasarelas que recorren a contorna, habitada principalmente por especies arbóreas como bidueiros, castiñeiros, carballos, nogais e piñeiros, que bordean os extensos e protexidos carrizais e xuncais da zona.  Nela poderás observar anátidas como a cerceta común ou o ánade azulón, limícolas, como o andarríos ou o corremuíños e pelecaniformes como o corvo mariño.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies