Rutas de Sendeirismo
Descubre o #CamiñoNatural de Trabada a través da nosa rede de sendeiros sinalizados que ofrece a posibilidade de recorrer as nosas paraxes máis interesantes dunha forma sinxela e cómoda.
Trabada conta con numerosas rutas de sendeirismo polas súas fragas de singular beleza natural. Un pequeno e único territorio, que agarda silencioso que o visitante se achegue e desfrute das súas múltiples riquezas e experiencias, onde se impregnará do paraíso en estado puro. A riqueza deste pobo, Trabada, pódese ver, escoitar, ulir, tocar e saborear. Un dispendio de sensibilidade para os sentidos… Afínaos, porque en Trabada a natureza móstrase na súa máxima expresión.
Ruta da Fraga da Becerreira
(Lonxitude aproximada: 6Km)
Esta ruta discorre por un bosque caducifolio atlántico en bo estado de conservación, entre vexetación natural e autóctona, na que os protagonistas son os carballos e os arandos.
No primeiro tramo de recorrido hai un aparcamento e un panel informativo do mesmo.
Comézase a ruta por un camiño que nos leva hacia a Fraga da Becerreira, o sendeiro continúa de forma ascendente, acompañado do rego de Vilapercide en dirección ao seu nacemento e cruzandoo varias veces por distintas pasarelas de madeira. Esta fraga é das que máis beleza entrañan tamén polos múltiples anfibios que te podes atopar nas súas fontes e regos naturais.
A medio camiño hai unha fonte onde se pode facer unha parada e observar o ambiente místico, húmido e escuro, como se de un conto se tratara, creado polo bosque de ribeira, sorprendendo ao paso diversas formas curiosas de troncos caídos, que ademais da súa pouco común beleza, realizan unha función indispensable dentro do ciclo biolóxico. Este tramo de sendeiro desemboca en As Liñeira donde o recorrido se separa do rego para adentrarse cara a parte alta da fraga onde se pode observar numerosas especies como carballos, castaños, arandos, acebos…
Continúa pola parte alta da fraga, onde hai outra fonte e regresarase ao punto de partida a través dun descenso mediante curvas abertas, para disminuír or riscos de erosión e de dificultade do sendeiro.
Descargar folleto da Ruta da Becerreira
Ruta da Fraga da Vilapena
(Lonxitude aproximada: Esta ruta conta con dúas alternativas: unha de menor recorrido, con 6Km e outra con 10Km)
Esta ruta rodea e atravesa a Fraga de Vilapena, caracterizada, ademais de pola súa gran diversidade, pola presencia, sobre un tramo do recorrido, de madroños.
Esta é unha fraga relicta, de incalculable valor patrimonial e constitúe o exemplo vivo máis representativo da paisaxe e os bosques que na antigüidade conformaban Galicia, dende o litoral ata os 1500 metros de altitude.
Comezamos xusto antes de chegar ao núcleo de Vilapena, onde, xunto a unha curva da carretera, hai unha zona de aparcamento e un panel informativo da ruta.
Desde aí, continuamos a pé pola carretera, para atrevesar o pobo ata alcanzar a igrexa, na que se destaca o seu famoso retablo barroco. Despois, continuamos á dereita e saímos da Vilapena para encamiñarnos hacia a fraga.
Máis adiante, ofrece dúas posibilidades, adentrarnos na fraga tomando unha pista á dereita ou continuar de frente 2Km seguindo a pista que nos conducirá ata o alto da Pena do Gorro, desde onde teremos unha espléndida vista do val de Vilaformán e Vilapena donde hai un panel informativo. Unha vez recreada a vista e logo de recuperar enerxías volverase de novo ao camiño e dirixímonos hacia o oeste ata chegar á bifurcación da opción de recorrido máis corta. Tomando a mesma pista forestal, que agora nos queda á esquerda, pouco a pouco, adentrámonos na fraga na que o rei indiscutible é o carballo que se ve acompañado por outras especies como acebos, madroños, arándanos…
Durante o seguinte tramo pasearemos entre un bosque de madroños, tendo en conta que é unha especie arbustiva. Se o senderista realiza a ruta en outono e inverno ademáis poderá saborear o seu curioso fruto de color vermello.
O sendeiro pouco a pouco faise máis sinuoso e algo escarpado ata desembocar nun punto donde cruzamos o rego de Vilaformán. O retorno remata na zona de aparcamento dende a saída da fraga por unha pista forestal.
Descargar folleto da Ruta da Vilapena
Ruta do Vento
(Lonxitude aproximada: 11Km)
Esta ruta é moi sinxela, discorre na súa totalidade por pistas existentes, de escasa pendente. Ademais da fascinante paisaxe, pódese desfrutar de impresionantes vistas panorámicas dende o alto de Cerrochán, o putno máis alto do Concello (776 m.), así como dunha explotación mineira a ceo aberto.
É ideal para un recorrido en bicicleta ou a cabalo, aínda que non ten unha lonxitude excesiva para poder realizarse camiñando.
Comeza na Área Recreativa “Chao do Couso” que conta cunha fonte, varias mesas e un refuxio. Síguese pola carretera de Riotorto aproximadamente uns 300m para logo desviarse á esquerda por un camiño que nos levará ata o alto do Cerrochán, onde se pode desfrutar dunha excelente vista dalgún dos vales de Trabada.
Continuando, avístase unha arboleda que envolve ao visitante ofrecendo unha sensación de tranquilidade, ao observar a ambos lados do camiño magníficas fragas conformadas por unha diversidade de especies. Seguindo o camiño, atópase un pequeno agasallo da natureza en forma de cascada e unha fonte. Continuando o camiño, rodeados pola Fraga da Cabanela, chégase a un punto en onde se une coa ruta da Fraga da Vilapena, Dese punto sae un ramal á dereita para deleitarse cunha vista panorámica espléndida da Fraga de Vilapena e de Vilaformán, que poderemos alcanzar opcionalmente, unha media hora máis, entre ida e volta.
Unha vez visto o panorama, tomarase o camiño de regreso ata o punto de partida. Parte deste último tramo é compartido co da ruta da Fraga de Vilapena, conta cun refuxio de madeira e pódese observar a gran diversidade de especies: madroños, acebos, castaños… ata o punto no que gradualmente cambia a paisaxe e o sendeiro ábrese a un paisaxe transformado pola man do home, onde destacan masas de coníferas, e entre elas o pino silvestre. Así, e case sen darse conta, o visitante acaba o recorrido.
Descargar folleto da Ruta do Vento
Ruta da subida ao Picato
(Lonxitude aproximada: Esta ruta conta con dúas alternativas: unha de menor recorrido, con 5Km e outra con 7Km)
Esta ruta é ideal para realizar a cabalo, en bicicleta ou a pé.
Parte da Área Recreativa “Chao do Couso”. Para comezar o recorrido a pé, tómase a pista de terra que deixa á esquerda á área. No incio a ruta apenas ten dificultade pero a medida que nos vamos adentrando paulatinamente no bosque de pino silvestre, o camiño vólvese cada vez máis empinado ata chegar ao alto do Picato, (743 m.) desde donde se pode desfrutar dunha impresionante vista que nos recompensará o esforzo realizado. Neste punto, o visitante pode deleitarse cunha estupenda panorámica chegando a avistarse en días despexados a costa lucense e o occidente asturiano.
Unha vez recreada a vista, o recorrido ofrece dúas posibilidades de regreso: unha de menor recorrido a través de masas de pino silvestre e outra atravesando por preto da fraga da Becerreira e máis tarde unha paisaxe antropizada onde se pode observar o típico mosaico galego.
Descargar folleto da Ruta do Picato
Ruta do Monte Roxal Teixido
(Lonxitude aproximada: 7,2 Km)
Esta ruta é moi sinxela. Avanza por pistas forestais, conta cunha variada gama de paisaxes onde o visitante entra en contacto cos diferentes usos do chan presentes no territorio galego.
Desde esta ruta pódense observar boas panorámicas da Serra da Cadeira. Atravésase a Fraga de Teixido por pistas forestais. Na metade do tramo conta cunha fonte. A baixada remata nunhas das pistas de concentración parcelaria polo que se producirá un cambio de paisaxe pasando a un paisaxe estructurada en parcelas dedicadas ao aproveitamento do eucalipto, prados e cultivos. Este último tramo realízase na súa totalidade por pistas e remata no punto inicial.