Seráns Culturais en Trabada para gozar dun verán diferente

Seráns Culturais en Trabada para gozar dun verán diferente: agosto e setembro

Durante o mes de agosto e principios de setembro, no concello de Trabada, celebraranse diferentes actividades culturais dentro da programación de “Seráns Culturais”. Propostas de ocio para todos os públicos.

Xornadas culturais e de ocio nas que tanto os máis cativos, como os maiores, gozarán dun verán lúdico e cultural.

As datas e as actividades son as seguintes:

  • 11 de agosto, 19:00 horas

Xornadas de Historia Local, da man de Aurora García Rivas e Xulio Tabulata.

Lugar: Casa da Cultura.

  • 12 de agosto, 22:00 horas

Circo de lume.

Lugar: Praza do Concello.

  • 15 de agosto, 18:00 – 20:30 horas

Actividades/inchables para nenos e adultos (tobogán deslizador, obstáculos, inchable infantil).

Lugar: campo de fútbol.

  • 16 de agosto, 18:00 – 20:30 horas

Xogos Tradicionais.

Lugar: Praza do Concello.

  • 17 de agosto, 18:00 horas

Contactos, «O faiado de Nin».

Lugar: Casa da Cultura.

  • 18 de agosto, 17:00 – 20:00 horas

Paintball, tiro con arco e rocódromo.

Lugar: Área recreativa de A Cadeira.

  • 19 de agosto, 21:00 horas

Espectáculo humor «Peor imposible», Peter Punk.

Lugar: Praza do Concello.

  • 25 de agosto, 16:00 – 19:00 horas

Actividades acuáticas.

Lugar: Ría Eo. Campo da festa Ría de Abres.

  • 26 de agosto, 21:45 horas

Gru 3, cine na rúa.

Lugar: Praza do Concello.

  • 6 de setembro, 18:00 horas

Brinca vai! De aquí a acolá.

Lugar: Casa da Cultura.

Síguenos en Facebook, Instagram e Twitter para manterte informado da axenda cultural do concello.