Festival Eu Son Eo 2018, desenvolvemento rural dende a innovación

Os vindeiro venres 29 e sábado 30 de xuño celébrase o Festival Interrexional do Eo (Eu Son Eo). Un festival transversal e para todos os públicos.
Gastronomía, artesanía, natureza, cultura e, como non… a música, conflúen nun espazo natural único para promocionar a economía rural dos concellos de Trabada e Vegadeo. A unión de Galicia e Asturias para xuntar forzas e potenciar obxectivos comúns.
Todos estes elementos póñense en valor durante dous días en Abres, que une Trabada e Vegadeo grazas á Reserva da Biosfera do Eo, Oscos e Terras de Burón. Co río Eo como principal símbolo de unión, pois é parte esencial do festival.
Localización
Eu Son Eo pretende convertirse en motor de desenvolvemento para toda a comarca.
Gastronomía
Poñer en valor os produto locais e promocionar as receitas máis tradicionais é un dos obxectivos propostos dende a organización deste evento cultural. E abofé que o consiguen, durante a celebración do festival é posible degustar diferentes pratos e coñecer a gastronomía de Trabada e Vegadeo.
Artesanía
Outros dos elementos nos que se centra Eu Son Eo é a aposta polo futuro dos artesáns e deseñadores que se queren dar a coñecer. O Mercado Eu Rural e as diferentes actividades que se organizan, son un claro exemplo desta aposta.
Natureza
E que dicir da natureza, só polo feito de situarse na Reserva da Biosfera do Eo, Oscos e Terras de Burón, é un evento que merece a pena. Conta cunha extensión de 1595,889 km² e inclúe ademais da totalidade da cunca do río Eo dende o seu nacemento en Fonteo ata súa desembocadura na ría de Ribadeo. Foi declarada o 19 de setembro de 2007 pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) dentro do programa MaB (Home e Biosfera).
Pois ben, a isto hai que sumarlle que podemos desfrutar desta paraxe natural única, no propio río Eo, grazas ás actividades acuáticas do festival.
Un dos grandes atractivos para os máis novos e todos aqueles que se queiran refrescar na tarde do venres ou do sábado.
Cultura
Dar a coñecer as raíces culturais de Trabada e Vegadeo, así como promocionar a cultura actual, son outros dos eixes nos que se centra o festival Eu Son Eo.
Música
Como todo festival que se precie, a música é o elemento principal. E nesta edición chega da man dos grupos Cañoneros (tributo a bandas dos anos oitenta) e We Love Queen (tributo show á lexendaria banda Queen) e Dj’s Eomúsica 80 que nos farán bailar coa mellor música dos oitenta.
En definitiva, dúas xornadas para desfrutar en familia e/ou cos amigos. Con actividades para os máis cativos e tamén para os maiores. Un festival que non deixa indiferente a ningún dos seus asistentes pero si con ganas de repetir ano tras ano.
Máis información en: www.eusoneo.com
Cartel do Festival Interrexional do Eo (Eu Son Eo) 2018
Festival Eu Son Eo e Trabada
O Festival Interrexional do Eo (Eu Son Eo) sirve de impulso para todo o concello de Trabada. A súa gastronomía, cultura, contorna natural e produtos artesáns danse a coñecer nun evento que no que conflúen familias de toda A Mariña Lucense, Asturias e outros puntos de Galicia.
Ademais, convírtese na ocasión perfecta para desfrutar de varios días en Trabada e coñecer o noso concello cos cinco sentidos. Se queres asistir ó Eu Son Eo e pasar varios días coñecendo o norte da Mariña… na nosa web podes descubrir todo o que ofrece o Camiño Natural.