Ruta da Fraga da Vilapena
É unha das 5 rutas que se poden facer en Trabada. Rodea e atravesa a Fraga da Vilapena, caracterizada pola súa gran diversidade de árbores: carballos, xardóns, arandeiras, abeleira, bidueiros... destacando un tramo do percorrido onde atopamos algúns érbedos.
Comenza antes de chegar á aldea, nunha zona de aparcamento acondicionada cun panel informativo. Iniciase a ruta hacia Vilapena, onde se pode visitar a igrexa parroquial, na que destaca o seu famoso retablo barroco, xunto con outro de estilo renancentista.
Tamén se poden observar numerosos cabozos e antigas edificacións de pedra. O sendeiro percorre o resto da parroquia e abandona os prados do núcleo rural para adentrarse nas plantacións forestais e o túpido monte autóctono que, tras unha pequena ascensión chega a bifurcación (curta e longa) e o mirador Pau do Pico a 486 metros. De seguido, chegarase a un dos puntos máis interesantes desta ruta: o Alto de Pena Gorda (só na ruta longa). Dende aquí pódese disfrutar de amplas vistas panorámicas cara os vales de Vilaforman e Vilapena.