Ruta do Monte Roxal Teixido

https://turismo.trabada.gal//wp-content/uploads/2022/11/ruta-roxal-teixido-1300x500.jpg

É unha das 5 rutas que se poden facer en Trabada. Conta cunha variada gama de paisaxes onde o visitante entra en contacto cos distintos usos do solo presentes en territorio galego.

Comeza no mesmo punto onde comeza a PR-G 81 Ruta da Fraga da Becerreira, nun pequeno desvío na estrada LU-P-55-06, a uns 2,5 kilómetros da oficina de turismo do Concello, dirección Riotorto.

https://turismo.trabada.gal//wp-content/uploads/2022/11/ruta-monte-roxal-teixido-1-500x500.jpg

O primeiro tramo ascende ó longo do bosque de frondosas xunto ó río. O primeiro kilómetro do percorrido recórrese por unha pista forestal durante un kilómetro, ata entrar no bosque. Os seguintes dous kilómetros son de ascensión, de unha dificultade media-baixa, a través da parte baixa da fraga da Becerreira ata chegar ás Liñeiras, cruzando a estrada de novo para encarar xa a baixada.

Esta primeira metade da ruta é practicamente igual a da PR-G 81 Ruta da Fraga da Becerreira, outra das rutas do Concello, separándose aproximadamente no kilómetro 2,600 da ruta.

Unha vez cruzada a estrada, despois de pasar o refuxio, encárase o monte chamado As Liñeiras. A partir deste punto, a ruta transcorrerá ata o final por pistas forestais amplas (tipo pistas do aparcelamento). Entrase en contacto con ecosistemas de orixe antrópico, relacionados cos aproveitamentos forestais de masas de piñeiros, acacias e eucaliptos.

Unha vez que se chega a Fraga de Teixido, arredor do kilómetro 5 da ruta, avánzase ó carón do rego dos Navais, acompañados pola vexetación típica de ribeira, bidueiros, freixos, arandos, espiños e ameneiros.

https://turismo.trabada.gal//wp-content/uploads/2022/11/ruta-monte-roxal-teixido-2-500x500.jpg
https://turismo.trabada.gal//wp-content/uploads/2022/11/ruta-roxal-teixido-transicion-1000x330.jpg



Ao remate do percorrido, atoparémonos con parcelas adicadas ó aproveitamento do eucalipto, prados e cultivos.

https://turismo.trabada.gal//wp-content/uploads/2022/11/parametros-ruta-roxal-teixido-ok-1200x400.jpg

Ruta

Powered by Wikiloc