Gastronomía
Gastronomía: a enfariñada, a troita e o salmón
A enfariñada, a troita e o salmón son probablemente tres dos pratos máis característicos do noso municipio; e os que ningún visitante debería de deixar de probar.
A enfariñada
En Trabada poderás degustar pratos típicos, como a Enfariñada, un prato feito a fogo lento, composto por fariña de trigo cultivada nestas terras, ovos caseiros, auga, aceite e moito cariño. Este prato consta de dúas variedades dulce e salgado, e pode ir acompañado con diferentes ingredientes.
Pero o verdadeiro ingrediente segredo é o bo facer da nosa xente e a calidade dos nosos produtos.
Unha exquisitez que non debedes deixar de saborear.
O salmón e a troita
O salmón e a troita son, sen dúbida, uns dos peixes máis preciados e, se son de Trabada, a calidade é única. As formas de preparalos poden ser moi diversas (dende as máis tradicionais ás máis innovadoras) pero o principal é a materia prima.
Os pratos da gastronomía tradicional galega tamén están moi presentes na nosa oferta gastronómica.