Onde aloxarse?

//turismo.trabada.gal/wp-content/uploads/2018/11/Finca-OBizarro-turismo_Trabada.jpg

Finca O Bizarro

Servizos:

Finca O Bizarro trátase dunha contorna natural de máis de 50 hectáreas, protexida pola Rede Natura 2000, situada nas Rías Altas Lucenses (A Mariña Lucense) onde vostede e os seus poderán gozar da natureza tanto de montaña como de praia.

Como chegar?

C/ O Bizarro s/n 27765 Trabada (Lugo)

(34) 656 35 51 44

NOTA: só abre en agosto.

//turismo.trabada.gal/wp-content/uploads/2018/11/Casa-Carballeira_turismo_Trabada.jpg

Casa Carballeira

Servizos:

É unha antiga casa familiar restaurada mantendo a típica construcción galega en pedra e madeira de castaño. Rodeada dunha extensa finca na que podemos atopar o antigo cabazo da casa, o pozo, a adega na que se cocía o pan; tamén dispón de barbacoa, columpios, unha pequena horta e diversos frutais dos que o cliente poderá gozar.

Casa Carballeira está dividida en catro apartamentos perfectamente equipados.

Tamén ofrecemos alugueiro de canoas, a través de Canoas do Eo. Así como rutas en bicicleta (alúganse).

https://casacarballeira.es/

Como chegar?

Villafernando. Trabada.

982 135 226 / 607 34 90 45

//turismo.trabada.gal/wp-content/uploads/2018/11/Casa-Venancio-turismo_Trabada.jpg

Casa Venancio

Servizos:

Casa de pedra e madeira que se aluga por habitacións. Consta de salón comedor, tres dormitorios con cama de matrimonio e baño, e unha habitación individual con baño externo. Todas con televisión, calefacción e fermosas vistas. Almorzo opcional. Tamén dispón dunha cociña con microondas, televisión, cociña eléctrica e utensilios de cociña e barbacoa.

Como chegar?

Vilarbetote, 27766, Sante (Trabada )

607 539 050

NOTA: Tamén dispón de dous apartamentos totalmente equipados para o seu aluguer.

//turismo.trabada.gal/wp-content/uploads/2018/11/Finca-Lendecoira-turismo_Trabada.jpg

Finca Landecoira

Servizos:

Cabana nórdica de 80 m2 para 4-5 persoas, con todas as comodidades (calefacción, lavalouzas, lavadora, parking…), zona de estar interior con amplia cociña, comedor, dúas habitacións e un baño. Zona de estar exterior con porche e xardín amoblada.

Como chegar?

Lendecoira,s/n

27766 Lendecoira – Trabada (Lugo).

622 47 90 96

//turismo.trabada.gal/wp-content/uploads/2018/11/Casa-Fidalgo-turismo_Trabada.jpg

Casa Fidalgo

Servizos:

Dous apartamentos rurais cunha habitación de matrimonio, unha habitación con cama de matrimonio e sofá-cama, unha habitación con supletoria pequena, baño completo e cociña comedor con frigorífico, microondas, chimenea, roupa de cama, baño, secador…

Como chegar?

Vilar Betote – 27766 Trabada.

982 156 268 – 630 281 488

//turismo.trabada.gal/wp-content/uploads/2018/11/casa-quitapenas-turismo-trabada.jpg

Casa Quitapenas

Servizos:

A casa é un refuxio pequeno, para un máximo de 4 persoas, coqueto, no que se respetou a idiosincrasia da aldea con materiais nobres, e con todos os electrodomésticos “agochados” en armarios, a cociña de leña co escaño por detrás é típico da montaña Astur-Galaica, baño, sala cun sofá-cama e comedor; o 1º piso, é en forma de altillo. Todo isto rodeado dun xardín de 600 metros. Admite mascotas.

Como chegar?

Lgar. Roxo Seco, 4, Vilaformán
27767 – Trabada (Lugo)

629 382 752

NOTA: Aberta de marzo a outubro e, a maiores, na ponte de decembro e no Nadal.

//turismo.trabada.gal/wp-content/uploads/2018/11/Casa-Rubieira-turismo_Trabada.jpg

Casa Rubieira

Servizos:

Preciosas vistas á montaña. Conta con 6 dormitorios, para un máximo de 12 persoas, cociña con forno, zona de estar e baño. Dispón de grellada e con parque infantil.

Como chegar?

San Martín, 10 - 27766 Ría de Abres.

622 106 350