Día de celebración en Trabada: recuperamos a Feira de San Fernando

Hoxe recuperamos a Feira de San Fernando, unha celebración de gran tradición en Trabada e coa que nos achegamos un pouco máis á nosa historia e tradición.

A xornada comezou ás 12:00 coa tradicional misa na Capela de San Fernando, en Valboa, unha misa na que antigamente se xuntaban veciños e veciñas de múltiples parroquias e pobos da contorna.

A exposición de gando tamén deu comezo ás 12:00 e ás 14:00 desfrutaremos da comida campestre servida polo Catering Chao dos Navais, unha cita gastronómica á que asistirán 180 persoas.

Empanada, queixo, xamón cocido, churrasco e… de postre, tarta de Santiago; bebida e café.

Toda a xornada estará amenizada musicalmente polo “Cuarteto Illa Pancha”.

Coa recuperación desta feira poñemos en valor o patrimonio inmaterial de Trabada e as nosas raíces, recordando e desfrutando desta festividade.

Compartimos convosco a seguinte galería que continuaremos actualizando ao longo do día con máis imaxes desta data tan especial.

« de 2 »

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies