Decálogo para desfrutar do sendeirismo respectando o medio natural

Decálogo para desfrutar do sendeirismo e coidar o medio natural

Coidemos e respectemos o #CamiñoNatural

Un dos elementos máis representativos de Trabada é a súa natureza de gran valor e beleza. Por iso se denomina “Camiño Natural”, porque coñecer Trabada é deixarse sorprender polas súas fragas e sendeiros. Adentrarse nunha contorna verde e única.

Por iso é fundamental que todos coidemos e respectemos este patrimonio natural. Pero non só é importante protexer a natureza, tamén o é seguir as recomendacións para practicar senderisimo.

10 recomendacións para practicar sendeirismo

  • Planifica a ruta e infórmate das condicións meterolóxicas.

Busca información sobre o terreo, distancia, inclinación e a previsión metereolóxica ó longo do día. Así mesmo, ten en conta todo isto para establecer a hora de inicio da ruta e o tempo estimado de duración.

  • Se te perdes, non te poñas nervioso e verifica a túa posición cun mapa e unha brúxula.

Se nalgún momento descoñeces a túa ubicación, tranquilo, colle o teu mapa e a brúxula para situarte. Polo tanto, xa sabes, é importante levar mapa e brúxula (non sempre temos batería no móbil e/ou cobertura).

  • Non corras riscos innecesarios adentrándote por sendeiros ou lugares non habilitados.

Nunca debemos subestimar á natureza. Non te aventures por zonas que non están acondionadas para o sendeirismo ou que descoñeces.

  • Realiza descansos de 5 minutos cada hora e bebe moita auga para previr problemas por falta de hidratación.

Leva auga para beber durante a ruta (moitas veces pero pouco) e infórmate da ubicación de fontes con auga potable. Tamén é importante a nutrición, o día antes recoméndase “cargar as baterías” con algún prato que non resulte moi pesado e con alto contido en hidratos de carbono.

  • A roupa e o calzado son dous elementos importantes. Utiliza roupa cómoda e un calzado axeitado para “trekking”.

A comodidade é fundamental. Pantalóns longos (evitas rozaduras ou cortes superficiais), gorro (para protexerse do sol), calcetíns preparados para a práctica de senderisimo e unhas botas de trekking. Son os elementos básicos.

  • Respeta a contorna, non esquezas que é de todos. Tira o lixo nos contenedores.

O medio ambiente é patrimonio de todos e coidalo, polo tanto, tamén é unha responsabilidade común. Non tires o lixo no chan.

  • Non alteres a vida da flora e a fauna da zona.

É posible que camiñes por lugares nos que habiten diferentes animais, se te cruzas con algún, non o molestes. Así mesmo, respecta a vexetación.

  • Coidado coas cabichas, provocan moitos lumes.

Un gran número de incendios son provocados de forma inconsciente por unha cabicha que se tirou no monte. Teno moi presente.

  • Procura levar un kit básico de primeiros auxilios e o número de teléfono de emerxencias localizado.

Leva na túa mochila un kit básico de primeiros auxilios polo que poida pasar. Da mesma forma, ten localizado o número de teléfono de emerxencias.

  • Desfruta do sendeirismo en grupo. É aconsellable non camiñar só.

Camiñar acompañado minimiza calquera risco. Sempre que poidas, desfruta do sendeirismo con outras persoas.

10 consellos para realizar sendeirismo

Fai clic aquí para descargar o decálogo de recomendacións para practicar sendeirismo.

Rutas de sendeirismo en Trabada

Rutas para practicar sendeirismo en Trabada

Agora que xa sabes todo o necesario para practicar o senderisimo de forma responsable, deixámosche a seguinte ligazón na que atoparás información sobre as rutas do concello de Trabada: rutas de senderisimo.