Planes que facer no Día Mundial da Natureza

Hoxe, Día Mundial da Natureza, é a ocasión perfecta para poñer en valor o noso patrimonio natural.

Ás veces sabemos que queremos pasar unha fin de semana en natureza pero non sabemos ben que opción escoller, pero queremos fuxir das rutas maís coñecidas e das actividades máis típicas…

Pois ben, na Mariña lucense podes atopar un lugar que che propón alternativas, e é Trabada. Bosques autóctonos e tranquilos e ata birding!

Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón

O primeiro que temos que destacar é que Trabada ten o privilexio de pertencer á Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón,  a primeira reserva impulsada de forma conxunta por dúas comunidades autónomas e que afecta a concellos asturianos e galegos.

Foi declarada o 19 de setembro do 2007 pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) dentro do programa MaB (Home e Biosfera).

Fragas e bosques autóctonos

En Trabada contamos con máis de 350 hectáreas de bosques autóctonos que dividimos en:

  • Fraga da Becerreira
  • Fraga da Vilapena
  • Fraga da Cabanela
  • Fraga da Belosiña

Os montes, con abundantes frondosas, como os robles, acebos, castiñeiros, carballos, aveleiras e érbedos, cóbrense por un extenso tapiz de líquenes, musgos e hepáticas.

Estas fragas son o escenario perfecto para gran variedade de especies animais como o xabarín, o corzo, a marta, o busardo ratoneiro, o moucho, o martín pescador, a salamandra galega, o sapo partero ou o caracol de Quimper, atopen un hábitat rico e tranquilo no que vivir.

Rutas de sendeirismo e unha moi especial, “a vía verde”

E entre todos estas fragas existen rutas que podes desfrutar en familia, con amigos ou para desconectar. De todas elas podedes atopar  atopar información na nosa web, exactamente aquí.

Estas rutas discorren entre vexetación natural e autóctona, principalmente carballos e castiñeiros sen estar magnificado e permitindo un plan alternativo.

Ademáis, ao longo destas rutas poderas desfrutar de fontes e regos naturais nas que poder observar múltiples anfibios.

Especial mención merece a “vía verde”, unha ruta que discorre sobre o antigo trazado do ferrocarril mineiro e que hoxe é aproveitada como ruta de sendeirismo. Dende logo unha experiecia moi distinta ás rutas de sendeirismo ao uso. Hoxe en día están habilitados 12 km e, por se fora pouco, é unha ruta que discorre por varios concellos ademáis de por Trabada, como son A Pontenova, San Tirso de Abres e Ribadeo. Unha ruta que se desfruta moi próxima ao río Eo, polo medio de bosques de ribeira e atravesando nada menos que seis túneles.

Con respecto ás súas características é unha ruta de chan liso, ampla e tranquila apta para facer en familia, ben camiñando ou ben en bicicleta. Nela, como indicamos, atravesaremos antigos túneles do ferrocarril, cruzaremos unha ponte colgante, pasaremos por apeadeiros da vía e a antiga cental eléctrica de O Lauredal, na que se poden ver as instalacións que xeraban electricidade.

Sen dúbida este patrimonio é un privilexio e unha responsabilidade, por iso é fundamental que todos o respectemos e coidemos da mellor forma posible (aproveitamos para compartir unha vez máis o noso decálogo para desfrutar do sendeirismo respectando o medio natural).

Birding

Unha das marabillas das que goza Trabada é a Ría de Abres coa parte final do estuario do río Eo, unha zona predominantemente fluvial pero aínda con certa influencia mariña.

Nela, destaca unha pequena illa, habitada por chopos e carrizos, xusto no medio do estuario. Como non podía ser doutro xeito, a riqueza natural destes avistamentos é moi elevada, polo que existen varios puntos de observación de aves e pasarelas que percorren a contorna, habitada principalmente por especies arbóreas como bidueiros, castiñeiros, carballos, nogais e piñeiros, que bordean os extensos e protexidos carrizais e xuncais da zona.

Algunhas das especies de aves que se poden observar son as anátidas como a cerceta común ou o ánade azulón, limícolas, como o andarríos ou o corremuíños e pelecaniformes como o corvo mariño.

Como vedes, Trabada ten moito do que desfrutar, así que aquí vos agardamos.

E para calquera dúbida deixádea en comentarios ou nas nosas redes sociais, contestarémosvos encantados! 🙂

Agardámosvos.

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies