Legal advisor

Aviso Legal

De acordo co disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI), poñemos no seu coñecemento que a páxina web co enderezo URL www.https://turismo.trabada.gal//engl (en adiante sitio web) é operada por Turismo de Trabada (Concello de Trabada, Calle del Concello, nº 15, 27765 – Lugo -).

O acceso e uso do sitio web polo/a usuario/a supón que acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir os termos e condicións recollidos no presente aviso legal. Polo tanto, debe lerse atentamente o presente aviso legal en cada unha das ocasións en que se vaia utilizar o sitio web, xa que este e as súas condicións de uso poden sufrir modificacións.

Condicións de uso

O acceso ao sitio web é gratuíto.

O/a usuario/a comprométese a non utilizar o sitio web con fins fraudulentos, así como a non levar a cabo ningunha conduta que poida danar a imaxe, os intereses e os dereitos de Turismo de Trabada ou de terceiras persoas. Comprométese, así mesmo, a non realizar ningún acto co obxecto de prexudicar, inutilizar ou sobrecargar o sitio web, ou que impida, de calquera forma, o normal uso e funcionamento deste.

No caso de incumprimento do contido do presente aviso legal, da política de privacidade ou de calquera outro termo ou condición particular recollidos no sitio web, Turismo de Trabada resérvase o dereito a limitar, suspender ou terminar o acceso ao sitio web, adoptando calquera medida técnica que sexa necesaria.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual sobre a disposición dos contidos do sitio web, o seu deseño gráfico, os programas de ordenador subxacentes, así como os distintos elementos que integran o sitio web: textos, gráficos, fotografías, vídeos, gravacións sonoras etc., é dicir, os contidos, corresponden a Turismo de Trabada.

O uso do sitio web non supón a cesión de dereito ningún de propiedade intelectual ou industrial sobre o sitio web, os contidos ou os signos distintivos de Turismo de Trabada. Para tal efecto, mediante o presente aviso legal (e salvo naqueles supostos nos que estea legalmente permitido ou medie autorización previa de Turismo de Trabada), queda expresamente prohibida a reprodución, transformación, distribución, comunicación pública, posta a disposición, extracción ou reutilización do sitio web, os seus contidos ou os signos distintivos de Turismo de Trabada.

Sitios enlazados

Co fin de facilitar información adicional, pódense incluír diversas ligazóns que permitan acceder a outras páxinas web (sitios enlazados). Nestes casos, Turismo de Trabada actúa como un prestador de servizos de intermediación, segundo o disposto no artigo 17 da LSSI. De acordo co previsto na citada lexislación, Turismo de Trabada non será responsable dos servizos e contidos facilitados a través dos sitios enlazados, salvo que teña coñecemento efectivo da ilegalidade e non desactivase a ligazón coa debida dilixencia.

En ningún caso a existencia dos sitios enlazados comporta recomendación, promoción, identificación ou conformidade de Turismo de Trabada coas manifestacións, contidos ou servizos proporcionados a través dos ditos sitios. En consecuencia, Turismo de Trabada non se fai responsable do contido dos sitios enlazados, nin das súas condicións de uso e as políticas de privacidade, sendo a persoa usuaria a única responsable de comprobalos e aceptalos cada vez que acceda a eles e os use.

No suposto de que o/a usuario/a considere que existen nos sitios enlazados contidos ilícitos, nocivos, denigrantes, violentos ou inadecuados, poderá poñelo en coñecemento de Turismo de Trabada a través do seguinte enderezo de correo electrónico: turismo@trabada.es.

Responsabilidade da RAG

Turismo de Trabada non se responsabiliza dos danos e prexuízos causados ao/á usuario/a como consecuencia de riscos inherentes ao medio empregado, nin dos ocasionados polas vulnerabilidades nos seus sistemas e ferramentas. Turismo de Trabada non garante a total seguridade dos seus sistemas e, aínda que ten adoptadas medidas de seguridade adecuadas, non descarta totalmente a existencia de vulnerabilidades e, en consecuencia, o/a usuario/a debe ser precavido/a na interacción co sitio web.

Protección de datos

De conformidade co establecido na normativa vixente en Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase de que os seus datos serán incorporados ao sistema de tratamento titularidade de Turismo de Trabada, coa finalidade de atender as súas consultas e remitirlle información relacionada que poida ser do seu interese. En cumprimento da normativa vixente, Turismo de Trabada informa de que os datos serán conservados durante o prazo estritamente necesario para cumprir os preceptos mencionados con anterioridade.

Mentres non se comunique o contrario, entenderase que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificar calquera variación e que presta o seu consentimento para utilizalos para as finalidades mencionadas.

Turismo de Trabada informa de que procederá a tratar os datos de maneira lícita, leal, transparente, adecuada, pertinente, limitada, exacta e actualizada. Turismo de Trabada se compromete a adoptar todas as medidas razoables para que estes se supriman ou rectifiquen sen dilación cando sexan inexactos.

De acordo cos dereitos que lle confire a normativa vixente en protección de datos poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, limitación de tratamento, supresión, portabilidade e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal así como ao consentimento prestado para o tratamento destes, dirixindo a súa petición ao enderezo postal indicado máis arriba ou ao correo electrónico turismo@trabada.es.

Á súa vez, infórmase de que pode contactar co Delegado de Protección de Datos de Turismo de Trabada, dirixíndose por escrito ao enderezo de correo turismo@trabada.es.

Poderá dirixirse á Autoridade de Control competente para presentar a reclamación que considere oportuna.

Co envío do formulario de recollida de datos vostede acepta a política de privacidade de Turismo de Trabada.

Política de privacidade

O acceso e utilización do sitio web www.https://turismo.trabada.gal//engl supón a aceptación na súa totalidade e a obriga de cumprir por completo os termos e condicións recollidos na presente política de privacidade. A prestación do servizo do sitio web ten unha duración limitada ao tempo en que o/a usuario/a manteña a conexión co sitio web o a algún dos servizos que a través deste se facilitan. Polo tanto debe lerse atentamente a presente política de privacidade en cada unha das ocasións en que se dispoña a utilizar o sitio web, xa que esta pode sufrir modificacións.

En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e a súa normativa de desenvolvemento, Turismo de Trabada informa ao usuario/a de que os datos obtidos a través do sitio web se incorporarán a un ficheiro automatizado de datos de carácter persoal do que é responsable a institución.

Turismo de Trabada utilizará os datos persoais do/a usuario/a para os fins que se indican nos diversos formularios incluídos nesta páxina, de xeito que se poidan atender as relacións que poidan xurdir entre a institución e os/as usuarios/as como consecuencia das solicitudes ou xestións expresadas nos ditos formularios.

Así mesmo, ao facer clic no botón “Enviar” incorporado nos formularios, o/a usuario/a declara que a información e os datos que facilitou neles son exactos e veraces.

Seguridade

Turismo de Trabada levou a cabo as medidas de índole técnica e organizativas necesarias que garanten a seguridade dos datos da persoa usuaria e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, todo iso en cumprimento do disposto no título VIII do Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da LOPD.

Exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Ponse no seu coñecemento que poderá exercitar, en calquera momento, os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos mediante a remisión dunha comunicación escrita ao enderezo de Turismo de Trabada. Dita comunicación deberá ir dirixida á atención da Secretaría de Turismo de Trabada ou ao enderezo electrónico turismo@trabada.es.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies