IV Festa Gastronómica da Enfariñada

Esta nova edición da Festa Gastronómica da Enfariñada superou todas as expectativas, vendendo máis de 700 racións de Enfariñada (en edicións pasadas a cifra habitual situábase arredor das 500). As persoas que se achegaron a desfrutar da gastronomía, a música e o produto local contabilizáronse en varios centenares durante toda a xornada.

Unha reivindicación do noso prato máis tradicional, un símbolo de identidade de todos os trabadenses, que abofé resultou moi exitosa e a opinión e acollida do público foi realmente favorable.

Os grupos de música tradicional, Cuarteto Seimeiro, Airiños da Freba e o fin de festa co concerto de Luar na Lubre puxeron o colofón perfecto a esta IV Festa Gastronómica da Enfariñada.

Queremos agradecer o traballo realizado ó equipo de cociña, integrado por 35 persoas, a todos os postos de produtos locais, músicos e a todas as persoas que nos visitaron.

Agardámosvos no 2024.

A continuación deixámosvos unha galería fotográfico a modo resumo do que foi a IV Festa Gastronómica da Enfariñada.

« de 2 »

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies