Museo Etnográfico José Rocha
O Centro etnográfico José Rocha ten como principal obxectivo difundir o patrimonio etnográfico de Trabada e da Comarca da Mariña.
A denominación e, mesmo a súa existencia, débello este museo a José Rocha; o antigo propietario da coleción que neste museo se expón ata que, hai uns anos, decidiu doala en favor do pobo e compartir a riqueza cultural coa que contaba.
José Rocha leva décadas coleccionando obxectos e obras antigas de todo tipo, unha labor que continúa na actualidade na que non deixa de facer medrar o seu conxunto e asegura que seguirá ata o seu derradeiro folgo. Con todo este legado e este acto de xenerosidade, hai seis anos, comezou a impulsarse este fermoso proxecto. Tras diversas licitacións e, coa paciencia que require a burocracia e as achegas económicas da administración, hoxe pódese falar de éxito.
Prezo
1,50 € por persoa.
*Grupos de máis de 20 persoas: 1€/persoa
*Gratis os menores de 12 anos.
Horario
Para garantizar a disponibilidade, as visitas realizaranse con reserva previa.
As reservas podrán realizarse a través do número de teléfono do Concello 982135011 en horario de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres.