Recuperamos a Feira de San Fernando
O vindeiro martes 30 de maio o Concello de Trabada recupera a Feira de San Fernando. A programación para esta xornada será a seguinte:
- 12:00: Misa na Capela de San Fernando en Valboa.
- A partir das 12:00: Exposición de gando.
- 14:00: Comida campestre servida polo Catering Chao dos Navais.
Empanada, queixo, xamón cocido, churrasco e… de postre, tarta de Santiago; bebida e café. Prezo: 20€.
A venda dos tickets estará habilitada ata o 21 de maio no Mesón Camiño Norte, Taberna da Curuxeira e Bar O Porfirio.
- Toda a xornada estará amenizada musicalmente polo “Cuarteto Illa Pancha”.
Agardámosvos a todos e a todas para desfrutar desta feira que durante moitos anos serviu de encontro de veciños e veciñas de diferentes parroquias do noso concello e tamén de concellos veciños.