Por segundo ano consecutivo Trabada participa en Fairway
Nesta ocasión establecimos contactos con operadores interesados na promoción de destinos emerxentes e pouco masificados.
Aproveitamos para descubrir novas tecnoloxías aplicadas á mellora dos servicios de atención ao peregrino.
Neste senso, establecemos sinerxias de utilidade de cara a apertura do albergue municipal.
Na participación desta edición centramos os esforzos en buscar innovacións tecnolóxicas aplicables a pequena escala que permitan optimizar recursos, mellorar os servizos e ser máis competitivos.
Por outra banda, os contactos establecidos permitirán que os nosos establecementos turísticos dispoñan de novas liñas de comercialización do Camiño Norte, que diversifiquen a súa oferta.