Recuperamos a Feira de San Fernando

O vindeiro martes 30 de maio o Concello de Trabada recupera a Feira de San Fernando. A programación para esta xornada será a seguinte:

  • 12:00: Misa na Capela de San Fernando en Valboa.
  • A partir das 12:00: Exposición de gando.
  • 14:00: Comida campestre servida polo Catering Chao dos Navais.

Empanada, queixo, xamón cocido, churrasco e… de postre, tarta de Santiago; bebida e café. Prezo: 20€.

A venda dos tickets estará habilitada ata o 21 de maio no Mesón Camiño Norte, Taberna da Curuxeira e Bar O Porfirio.

  • Toda a xornada estará amenizada musicalmente polo “Cuarteto Illa Pancha”.

Agardámosvos a todos e a todas para desfrutar desta feira que durante moitos anos serviu de encontro de veciños e veciñas de diferentes parroquias do noso concello e tamén de concellos veciños.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies